A reforma dos dereitos de autor da UE retrasouse (una vez más) até setembro para permitir á Comisión Europea solicitar información para dúas cuestións sobre as que non pode decidir:
- Liberdade de Panorama: Debes poder tomar e usar fotos de espazos públicos en calquera lugar da UE sen risco de te cobraren dereitos a ti ou á túa app para compartir fotos?
- Dereitos de autor extra para editores: Após dos intentos de forzar a Google News a pagar a xornais para enlazar aos seus sitios web produciren un efecto indeseado na Alemaña e na España, os editores aumentaron o seu compromiso: a idea duns “Dereitos de autor subsidiarios” está de volta nunha versión máis ampla e pior. Deben os editores obter control extra sobre cómo enlazar e amosar o contenido na web?
De seguido explicarei ambos os dous asuntos en detalle.
Contesta a consulta agora
Podes escoller responder ambos os dous temas ou só un.
Tempo Requerido: 10 Minutos
Data Límite: 11 de Xuño - Mais faino hoxe!
Liberdade de Panorama
Débese permitir a todo o mundo tomar fotos de espazos públicos e empregalas libremente? Tweet this!
Status Quo:
A arquitectura e mais as obras de arte en espazos públicos (p. ex. estatuas e murais) están baixo dereitos de autor – até 70 anos despois da morte dos seus creadores. Na metade dos estados membros, a excepción os dereitos de autor denominada “Liberdade de panorama” permiteche tomar e usar libremente imaxes e grabacións de espazos públicos sen ter que pensalo dúas veces. Na outra metade (incluindo Francia e Bélxica), ti ou a plataforma na que publicas as fotos pode necesitar investigar quén posui os dereitos, obter o permiso ou pola contra recibir multas.
Exemplos famosos de edificios dos que non podes tomar fotos sen pararte a pensar, inclúen a torre Eiffel pola noche (é o espectáculo luminoso o que está protexido), a estatua da Sereiña en Dinamarca ou os edificios das institucións europeas en Bruselas.
Incitada por 555.223 persoas e múltiples asociacións de comercio de creativos que se uniron á miña loita para extender a liberdade para fotografar espazos públicos a toda Europa o ano pasado, a Comisión quere escoitarche o importante que é este asunto.
Cómo te afecta:
- Os traballos creativos descansan na liberdade de panorama: Se es un fotógrafo de prensa ou de rúa ou un director de documentais, probabelmente estás a usar obras de arte protexidas de espazos públicos no teu traballo.
- A legalidade das túas fotos de vacacións pode ser cuestionabel: Cando tomas unha foto e a subes a un servizo como Facebook ou Instagram, aceptas outorgarlles os dereitos para o uso comercial da foto (mostrándoa no teu perfil nas súas plataformas con publicidade). En paises sen liberdade de panorama, este dereito non che pertence para poder outorgalo.
- As webs que usas son máis pobres sen liberdade de panorama: A Wikipedia non pode usar fotos de moitos edificios para acompañar os seus artígos nos paises da UE que carecen desta liberdade.
Cuestións esenciais:
- C1 – Problemas: A consulta preguntase se tiveras problemas. Ainda se nunca foras contactado por un titular de dereitos enfadado, ten en conta os exemplos anteriores: a incertidume acerca de que accións cotidianas son legais ou non, o ter menos acceso á información pertinente tamén son problemas reais.
- C3 – O teu uso: Se algunha vez subiches unha foto dun edificio do que non tes certeza se o arquitecto finou fai 70 anos, a resposta correcta a esta pregunta é “Si, en base a unha excepción”.
- C5/6 – Comercial o non comercial? Todos os exemplos anteriores ainda te afectarían se a liberdade de panorama se permitise só para “uso non comercial”: os documentais son uso comercial, Instagram é unha plataforma comercial e a Wikipedia só pode usar imaxes validas para uso comercial (mesmo cando ela mesma non é comercial, a súa política é publicar únicamente información que é libre para cualquera tipo de uso, incluindo o comercial).
Responde á consulta agora – ou le sobre o seu segundo tema:
*
Dereitos de autor extra para editores
Deben os editores ter dereitos de autor extra que lles permitan controlar a forma na que consumimos novas online?Tweet this!
Status Quo:
Na era de Internet, a xente procura e consume novas (e outros contidos ) de moitas formas distintas, como por exemplo a través das redes sociais ou a través de agregadores – por non decir nada do crecimento explosivo dos contidos auto-publicados. Como resultado, os editores tradicionais perderon parte do seu control sobre cómo as persoas consumen información, e están presionando duro para recuperalo. Na Alemaña e na España, os editores convenceron os lexisladores para tratar de obligar a Google News a pagar polo privilexio de enviar tráfico os seus sitios. As leis foron contraproducentes, sen proporcionar nin un peso adicional para os editores (deixando periodistas aparte) dado que os agregadores pecharon ou recibiron licencias libres de editores confrontados a caídas no seu tráfico web. No seu lugar, poñendo a liberdade de enlazar en tela de xuizo deu lugar a limitar as opcións dos lectores e desalentar novas empresas de competir con Google e traballando en formas innovadoras para manter informada á xente .
Iso non detivo ao Comisario Oettinger de considerar introducir esta idea fallida a nivel europeo – e iñorando todos os contraargumentos. O ano pasado derrotei múltiples intentos de engadir este plan ao meu informe de dereitos de autor. Construín unha coalición de 83 europarlamentarios urxiendo á Comisión a retirar os plans. Incluso algúns editores advertiron que lles afectaria negativamente, non positivamente. Na miña iniciativa, o Parlamento Europeu advertiu “contra a creación de … barreiras de entrada ao mercado para os servizos online introducindo novas obligacións para subvencionar determinados modelos tradicionais”. Pero os editores non se rendiron.
Ao mesmo tempo, hai unha batalla legal en curso entre os editores e os autores: Cando mercas unha máquina copiadora, o prezo inclui un imposto a unha entidade de xestión, destinado a reembolsar os titulares de dereitos por una perda teórica dos ingresos que as túas actividades potenciais de copiado supostamente causarán. Nun fallo recente, os tribunales cuestionaron se os editores teñen dereito a unha parte dese diñeiro como actualmente reciben ou se debe ir todo os autores. Obviamente, os editores están anoxados.
Os dereitos de autor extra que están demandando – agora disfrazados de “dereito conexo para o editor” – serviría como unha arma poderosa en ambas loitas: para acadar maior control sobre cómo se comparte o contido na web e para reclamar unha parte dos ingresos de licencias colectivas.
Son cambios cosméticos no “imposto do enlace”, e un intento de usar novas leis para soster vellos modelos de negocio e loitar contra a innovación. É contrario á mensaxe da abrumadora última consulta sobre dereitos de autor: Debemos facer máis simples os derechos de autor e máis comprensibeis os legos, non ainda máis complicados y de grande alcance.
Cómo te afecta:
- A forma na que procuras, les e compartes artígos hoxe pode porse en cuestión: Agregadores como Google News ou Rivva, apps que combinan múltiples fontes como Flipboard ou Apple News, “vistas de lector” optimizadas en navegadores, servizos de “lectura diferida” e bloqueadores de publicidade, compartir enlaces nas redes sociais – todos eles poden requerir cada vez máis o acordo previo de editores ou acordos de licencias. As túas accións nestos servizos poden chegar a ser legalmente cuestionabeis ou ben non estar dispoñibeis ou ser máis costosos estos servicios para ti.
- Haberá menos inovación nas novas tecnoloxías se os custes de licencias e os riscos legais desalentan as novas empresas e os novos métodos de manter informada á xente.
- Pode haber menos diversidade se os editores menos coñecidos non poden confiar nos agregadores para alcanzar novas audiencias e competir cos grandes xogadores nun campo de xogo equitativo.
- A electrónica de consumo podese encarecer se os editores insisten nunha parte dos dereitos de autor pero tamén se fan realidade a sua versión de que un novo dereito conexo non reduciría a remuneración dos autores.
- As bibliotecas poden quedar limitadas na súa capacidade de proporcionar listas de lecturas personalizadas para os seus clientes que incluan extractos de artígos.
- O acceso aberto á investigación científica podería estar en risco se estos dereitos tamén se aplican os editores científicos, interferindo con acordos existentes de acceso aberto, como o dereito que os autores teñen nalgúns paises de reeditar libremente os seus proprios artígos nos seus proprios sitios web.
Cuestións esenciais:
- As primeras 4 cuestións dirixense os editores, podes respondelas como “non relevante”.
- C5–14 teñen dous componentes:
- Impacto nos poseedores de dereitos: Estima o impacto nos autores, outros poseedores de dereitos, institucións educativas e de investigación, proveedores de servizos e consumidores.
- Editores de prensa ou todos os editores? As primeiras tres consecuencias mencionadas anteriormente aplican especialmente os editores de prensa, as últimas especialmente se este dereito se extende a todos os editores. De calquera xeito, coido que o impacto será negativo.
- C15 – Cómo te afectan os dereitos de autor subsidiarios? Se vives na Alemaña ou na España, aquí é onde podes contarlle á Comisión o teu punto de vista sobre os resultados das súas leis de tarifas fragmentadas.
Por favor aplaude a cuota
Logramos que a Comisión Europea escoite estos dous elementos importantes da reforma dos dereitos de autor. Agora, a nosa resposta debe ser forte – terá un impacto directo na proposta que esperamos que saia en setembro. Todos nós verémonos afectados por estas leis. Por favor tómate o teu tempo para encher a consulta e logo espalla a voz !
O espazo público debe ser libre de dereitos? deben os editores obter maior control sobre internet? Tweet this!
To the extent possible under law, the creator has waived all copyright and related or neighboring rights to this work.